Patricia Calviño

Interiorismo

Sobre Patricia Calviño

O meu nome completo é Patricia Calviño Arosa, vivo en Meaño dende hai 10 anos, ainda que nacín en Pontevedra hai moitos máis, no 74 para ser exactos, ainda non morrera Franco… Pero Patri é Lápiz,papel,cor *amor,familia *Lanäi,Lúa *A Lanzada,surfing,amigxs *viños,tapas *música,libros *natureza,acampada *cine,viaxar. Sempre quixen ser deseñadora, antes incluso de saber qué nome tiña esta profesión. Dos meus primeiros 14 anos de vida quédome coas viaxes en caravana, que durante o verán, de camping en camping, facía coa miña familia por cidades de toda a xeografía nacional e parte da internacional. Aprendín, da man dos meus pais, que había outra arquitectura, outras formas de vivir, outras culturas, moita historia e centos de visitas a museos, aprendín a ver e sentir a arte. Na EXB xa destacaba en debuxo pintando os encerados polo Nadal, deseñaba planos de distribución de casas e participaba en concursos de debuxo. Tamén recibín clases de pintura. Nesta etapa descubrín a cor amarela, que actualmente é a miña favorita. Despois de rematar o COU, matriculeime na escola de arte Mestre Mateo de Santiago de Compostela, que me soubo a pouco polo que seguín cursando un master en deseño de interiores na Universidade da Coruña. Tiven unha etapa de docente na que impartín cursos de escaparatismo e algunha ponencia sobre interiorismo. En resumo, levo pegada a un lápiz máis anos dos que levo traballando como deseñadora de interiores, que son máis de 20. Os primeiros 7 paseinos traballando para outros, dos cales aprendín moito. No 2005 fundei Estudio D2 Deseño e Construcción con marcado carácter multidisciplinar e co obxectivo claro de proxectar espacios, e durante 7 anos foi o que fixemos, proxectos para persoas. Os derradeiros 7 paseinos facendo proxectos baixo a miña propia marca: Patri Calviño Interiorismo. Agora chegado o 2020 queremos rizar o rizo, mover muiños, ir cara ao onde o vento sople, para seguir evolucionando, xirando e xirando, sempre en movemento.

Valoraciones

1

Información

Meaño
36969 Meaño, Pontevedra

686235038

Profesional desde

2005

¡Únete a la comunidad!
woodiswood
Inspírate y conecta con otros profesionales.
Hecho con amor en Galicia

Entérate de todo lo que pasa:

Suscríbete a nuestra Newsletter y entérate de las novedades de la comunidad.